O PSOE de Abadín pedirá no Pleno a construción dunha residencia de maiores
O Grupo Municipal Socialista do Concello de Abadín presentará no próximo Pleno unha moción na que solicitará que o Concello leve adiante os trámites necesarios para a construcción dunha residencia da terceira idade no noso Concello.
"Dado que o noso concello ten unha media de idade moi elevada, case 1000 persoas teñen máis de 65 anos según os últimos datos publicados por o Instituto Galego de Estadística (IGE) motivado en gran parte polas políticas levadas a cabo por o goberno do PP no concello, da como consecuencia unha crecente demanda para a construcción dunha residencia da terceira idade o que afectaría na mellora da calidade de vida dos nosos veciños, algo tan demandado por eles", explican na súa moción.
Engaden os socialistas que a residencia de maiores non é só positiva para a xente que vive aquí e que a necesita, tamén é importante para toda esa xente que está lonxe das súas familias noutros centros xeriátricos de Bretoña (A Pastoriza), Láncara, Ferreira, etc "o que supondrá para eles unha forma de poder volver ao seu lugar de orixe, así mesmo crearía postos de traballo no concello, algo tan demandado".
No programa electoral que levaron para as últimas eleccións municipais, no apartado servizos sociais a prioridade deste grupo era a construción dunha residencia "en base a enorme demanda dos vecinos e ao elevado número de persoas maiores".
"Cando estamos chegando ao ecuador da lexislatura non vemos ningún propósito do equipo do goberno e dada a negativa mostrada en anteriores lexislaturas de levar a cabo esta iniciativa e despois de 37 anos no poder", conclúen.