O PSOE de Abadín pide que se faga a retransmisión dos plenos por Internet
TerraChaXa
O PSOE presentou unha moción na que solicita que se proceda á retransmisión dos plenos en directo vía internet
5 Feb 2021
O PSOE de Abadín presentou unha moción na que soliciata o acordo do Pleno para que se proceda vía internet a retransmisión dos Plenos en directos.
“Os veciños e veciñas do Concello de Abadín merecen que o seu Goberno poña toda a acción municipal ao seu alcance, e para elo usando de forma sinxela todas as novas tecnoloxías, achegue de forma o máis transparente posible o que acontece nas sesións plenarias”, explican na moción.