O PSOE de Abadín presenta unha listaxe de necesidades para o investimento do Plan Único

TerraChaXa
O PSOE de Abadín levará ao próximo Pleno unha proposta para o investimento dos cartos do Plan Único en distintas accións e programas.
estrada lu 133 abadin_portada
20 Xan 2022

O PSOE de Abadín levará ao próximo Pleno unha proposta para o investimento dos cartos do Plan Único.

Dende este grupo, igual que fixeron en anualidades anteriores presentaron unha moción para que esta asignación económica por parte da Deputación teña por obxecto desenvolver programas de fomento do emprego; servizos sociais dirixidos á xente maior, á infancia e as persoas dependentes; promocionar e fomentar os productos agrícolas e gandeiros para incentivar o seu consumo e xerar riqueza, así como a celebración de feiras e mercados.

Ademais engaden a necesidade de dotar ás parroquias de traídas de auga públicas; fomentar actividades deportivas, culturais e turísticas; eliminar as barreiras arquitectónicas para cumprir a lei de accesibilidade nos espazos públicos; executar plans de formación en todas as parroquias, e levar a cabo o arranxo definitivo do céspede do campo de fútbol de Abadín.

O pasado 10 de xaneiro, saíron publicadas no BOP de Lugo as bases do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos, anualidade 2022 destinado aos 67 concellos da provincia. As achegas que lle corresponden ao Concello de Abadín para esta anualidade é de 337.055,11 €, reforzando polo tanto a autonomía local e dando resposta ás situacións e necesidades concretas de cada Concello.

O prazo de presentación de solicitudes do que dispón o Concello é de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.

0.20915508270264