O PSOE de Abadín reclama ao Concello axudas por nacemento

TerraChaXa
Os socialistas de Abadín demanda axudas ao Concello para que incentive prestacións para familias por nacementos, adopcións ou acollemento.
bebe axudas recien nacido
18 Xuño 2021

Os socialistas de Abadín demanda axudas ao Concello para que incentive prestacións económicas destinadas ás familias por nacementos, adopcións ou acollemento. Así o anunciou o voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz, quen rexistrou unha moción no Concello sobre este asunto.

Díaz explica que “rexistramos esta proposta, asumindo as dificultades que ten o noso concello para fixar poboación, e tentando presentar iniciativas que contribúan a reverter esta situación que tanto nos afecta. Por iso demandamos ao Concello que habilite axudas económicas para evitar o despoboamento na nosa vila”.

Dende a Agrupación Socialista de Abadín sinalan ademais que na maioría de Concellos da contorna “xa están habilitadas estas axudas, polo tanto entendemos que é unha iniciativa completamente viable”, sinalan.

0.18962097167969