O PSOE de Abadín solicita o cambio das barandas da ponte de Fanoi
TerraChaXa
O PSOE de Abadín vén de facer unha solicitade ao Concello para que se faga o cambio da baranda da ponte que une Fanoi con Gontán na Roxica xa que esta toda desvencellada.
5 Xan 2020
O PSOE de Abadín vén de facer unha solicitade ao Concello para que se faga o cambio da baranda da ponte que une Fanoi con Gontán na Roxica xa que esta toda desvencellada.
Os socialistas presentaron esta demanda aportando unhas imaxes do estado no que está actualmente.
Así mesmo, agradeceron que o Concello está a realizar diferentes traballos "grazas á nosa labor denunciando públicamente a parálise do goberno de Abadín por medio dos nosos boletiíns Iinformativos, da web, dos medios de comunicación e as nosas presións".
Así, informaron de que están a realizar obras da ponte da Roxica, que caeu o río o pasado mes de setembro, así como a limpeza das cunetas das pistas que estaban anegadas días atras.