O PSOE de Begonte di que o alcalde quere demoler o edificio do colexio de Baamonde

TerraChaXa
Os socialistas de Begonte denuncian que o alcalde quere demoler, por capricho e con escurantismo, o edificio da antiga escola de Baamonde”
colexio baamonde
9 Apr 2023

Os socialistas de Begonte denuncian que o alcalde, José Ulla, “quere demoler, por capricho e con total escurantismo, o edificio da antiga escola de Baamonde”, logo de ter pechado este centro escolar público no ano 2021.

Lembran que nun primeiro momento o rexedor intentou xustificar o peche do colexio coa escusa de cederlle o edificio a unha asociación musical. Sen embargo, no transcurso dun Pleno extraordinario e urxente, convocado polo Alcalde supostamente “para non perder unha subvención de material para o ximnasio”, e do que o Concello non facilitou a documentación correspondente á oposición nas 48 horas legais, os socialistas comprobaron que, entre as modificacións de créditos incluídas, figuraba unha partida de 21.780,00€ para a “demolición da antiga escola infantil para auditorio en Baamonde”.

Ante a intención do alcalde de demoler un edificio público, para o que os veciños cederon no seu día os terreos, os socialistas presentaron unha moción o día 13 de marzo, solicitando que esa partida de 21.700 euros fose dedicada a obras de mellora do edificio para poder destinalo a uso de gardería ou Punto de Atención á Infancia. Así mesmo, os socialistas reclamaban que o Concello pedise unha axuda á Xunta de Galicia para esta actuación, e que solicitase á mancomunidade de montes de Baamonde a cesión de terreos para a construción do auditorio, “sen ter que demoler o edificio da escola de Baamonde”.

Para sorpresa dos socialistas, ó día seguinte de rexistrar a súa moción, deuse a coñecer a noticia de que o Concello e a Consellería de Política Social anunciaban a posta en marcha dun PAI de nova construción, cun orzamento de 120.000€, sen detallar a achega económica de cada administración.

Para o PSdeG, “a actuación do alcalde demostra que xoga cos veciños e non ten proxectos claros para Begonte”. “Primeiro pecha unha escola pública para situar alí un centro de música; logo quere derrubar ese colexio para facer un auditorio”. Para a voceira socialista, Susana Ferreiro, “o Alcalde ten un empeño persoal inexplicable en arrasar co colexio. Non escoitou ós pais, non atendeu as peticións da comunidade educativa, e mesmo presumía de que, se volvera atrás, volvería facer todo do mesmo xeito. Non só quere ser o único Alcalde de España que pecha un colexio, senón que se burla diso e agora non parará ata tirar o edificio.”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17445111274719