O PSOE de Castro critica o estado da estrada Amigos da Feira

TerraChaXa | LugoXa
O Voceiro socialista de Castro de Rei, José Luís Castro Tellado, criticou a deixadez do Alcalde con respecto ao adecentamento do municipio.
psoe desperfectos amigos da feira estrada castro
28 sep 2022

O voceiro Socialista de Castro de Rei, José Luís Castro Tellado, criticou a deixadez do alcalde de Castro de Rei con respecto ao mantemento e adecentamento do municipio. Fíxoo tras comprobar o lamentable estado no que se atopa a estrada Amigos da Feira, situada no conxunto histórico. “Comprobamos que hai pedras soltas, que incluso son perigosas para os viandantes que camiñan por esta rúa”.

Castro Tellado fíxose eco ademais das queixas da veciñanza, “que denuncian que hai varios puntos do concello que levan sen luz pública dende hai máis de 15 días, incluída a area de autocaravanas. Os afectados dinnos que xa deron aviso ao Concello para arranxar os problemas, pero a día de hoxe seguen sen resolverse”, lamentou.

“Queremos un Alcalde e un Goberno que atende as demandas da xente. Os veciños que pagan impostos non poden esperar 15 días para ter alumeado público nas súas parroquias. Por iso, dende aquí emprazamos ao Alcalde e ao seu Goberno a traballar folo futuro do concello, porque as vacacións estivais xa remataron”, dixo o voceiro socialista.

0.19586896896362