O PSOE de Castro envía un boletín informativo á veciñanza

TerraChaXa | LugoXa
Están enviando nestes dias, a través do servicio de Correo, un Boletín Informativo no que presentan ás propostas socialistas no Concello.
psoe castro de rei boletin informativo_portada
16 Oct 2021

O voceiro do PsdeG de Castro de Rei, Jose Luís Castro Tellado avanzou que a Agrupación Socialista está enviando nestes dias, a través do servicio de Correos da localidade, un Boletín Informativo no que presentan ás propostas socialistas defendidas no Concello, diante da veciñanza.

“Dende a Agrupación Socialista de Castro de Rei queremos informar á toda a veciñanza das iniciativas que impulsamos para mellorar a calidade de vida das nosas parroquias. Apostamos por un Concello con futuro, no que o protagonista sexa a nosa veciñanza e no que as nosas parroquias teñan voz”, explicou Castro Tellado.

“Esixir á Consellería a apertura inmediata do centro de saúde de Castro de Rei; dotar de saneamento á parroquia da Ponte de Outeiro; carpas para a feira de Castro Riberas de Lea; arranxo ou rexeneración das estradas de Ramil, Loentia, Triabá, Bazar e Outeiro; nova área de aparcadoiros que está construíndo o Concello diante do Colexio Ramón Falcón; inspeccións de salubridade nas augas dos manantiais públicos da vila ou un un programa de compostaxe. Estas son algunhas das propostas que defendimos e seguiremos traballando para que se cumpran”, dixo o Voceiro Socialista.

“A publicación achega o traballo que estamos desenvolvendo dende a  Agrupación Socialista no Concello. Somos un grupo de xente traballadora e comprometida, que queremos que o noso concello medre e poida ser unha vila na que poidamos labrarnos todos un futuro. Con novas dotacións, coa mellora das nosas infraestruturas e sobre todo loitando por unhos servicios públicos, dignos e de calidade. Por iso queremos que saibades que estamos á vosa disposición para tratar calquera inquedanza ou outros asuntos que consideredes relevantes para mellorar o noso Concello”, remarcou Castro Tellado.

psoe castro de rei boletin informativo
0.13854789733887