O PSOE de Cervo di que o equipo de goberno fixo un incremento das retribucións

TerraChaXa | AMariñaXa
Os socialistas de Cervo veñen de facer unha denuncian na que explican que “nun concello coma o noso, de menos de 5.
10 Xul 2019

Os socialistas de Cervo veñen de facer unha denuncian na que explican que “nun concello coma o noso, de menos de 5.000 habitantes, no que cada día perdemos máis poboación, onde os servizos son deficientes e caída de actividade é notoria e palmaria, non podemos consentir que o goberno se permita este gasto”. Neste senso, o Grupo Municipal Socialista destaca que “esta subida non se pode xustificar de maneira algunha, xa que a súa xestión caracterízase por ser froito da improvisación e da inactividade, porque incremento de investimentos non houbo por ningures”. O portavoz dos Socialista en Cervo denuncia a falta de xustificación do Partido Popular para incrementar os salarios dos seus concelleiros. Francisco U. Mon asegura que “o gasto que terán que asumir tódolos veciños para cubrir o pago dos salarios do equipo de goberno será excesivo. Nestes vindeiros catro anos, contaremos coa dedicación do Sr. Alcalde, que novamente se subeu o seu salario, e tres parciais que suporán un coste anual total de 130.000€, que si a comparamos coa lexislatura pasada sube mais dun 50%. Os membros do Grupo Socialista subliñaron que “ademais de subir o gasto para estas catro dedicacións, tratan de encubrir outros tres salarios coa asistencia de outros tres concelleiros ás Xuntas de Goberno. Pois por formar parte das mesmas, ás que só asisten membros do Partido Popular, cada persoa recibirá 150 euros e aínda que se programa unha cada 15 días, ao final véñense celebrando bastantes mais ao mes”. Pola contra, os Socialistas engadiron que “por asistencia aos plenos municipais, nos que están representados tódolos grupos políticos, a retribución que se fixa é de 50€, a mesma retribución que no 2007 e hai que recordar que non se celebran cada 15 días, senón que contamos con un cada dous meses. Todo apunta a que a liña na toma de decisións vai ser a mesma e o traballo dos concelleiros do PP parece ser máis valioso que o dos demais”.
En positivo so se pode dicir, que a proposición do Partido Socialista de Galicia - PSOE, se aprobou por unanimidade a creación dunha Comisión Informativa de carácter permanente para impulso e seguimento do PXOU, que leva mais de 15 anos parado e que tan necesario é para o Concello de Cervo.
O portavoz socialista asegura que “o trato discriminatorio que estamos vivindo a día de hoxe no Concello é alarmante. Pero é que ademais de repartir o diñeiro das arcas municipais en beneficio propio e deixar a austeridade para o resto, nunha mostra máis de “despilfarro e gasto esaxerado” crean un posto de asesor externo do goberno en materia de información e comunicación, é dicir, para publicitar e dar autobombo ó Partido Popular, pero iso si, pagado por tódolos veciños e veciñas de Cervo, nada mais e nada menos que case 25.000 euros ó ano.
Os Socialistas subliñaron que “é vergoñento que utilicen unha administración pública coa intencionalidade de solucionar intereses particulares. Esta é a forma en que lle pagan ós veciños e veciñas de Cervo a súa confianza do pasado 26 de maio”. A discriminación é total e absoluta e hai que recordar que todos somos representantes dos veciños de Cervo. Para que exista un goberno ten que haber oposición, e viceversa. Que non pensen que por recibir menos euros non faremos o noso traballo, será todo ó contrario, faremos máis con menos. Estaremos pendentes de cada paso co único obxectivo de que non se prexudique ós veciños e esixíndolle a este goberno un esforzo maior para conseguir nestes catro anos todo o que non logrou ata o día de hoxe”.

0.079235076904297