O PSOE de Cospeito demanda a retirada de ramaxe nas canles de Goá
TerraChaXa | LugoXa
Os socialistas solicitarán ao alcalde que se recolla a ramaxe abandonada nas canles de Goá porque están a xerar inundacións.
21 Dec 2020
Os socialistas solicitarán ao alcalde que se recolla a ramaxe abandonada nas canles de Goá porque están a xerar inundacións.
Segundo indica a concelleira e voceira local, Rosa Morán, o Concello mandou facer o desbroce desta zona pero, unha vez finalizado, non se retirou a maleza, o que está a provocar problemas de circulación da auga e nos días de máis choivvas chegou ata casas onde antes non chegaba.
“Sabemos que se trata dunha zona inundable pero non é normal que anegue todo o espazo como fixo recentemente. As previsións son que continuarán as choivas, polo que a situación empeorará se non se liberan de ramaxe as canles da auga”, engade a voceira socialista.