O PSOE de Cospeito demanda máis atención aos camiños rurais

TerraChaXa
O PSOE de Cospeito fixo pública unha queixa polo estado no que se atopan varias das estradas rurais do Concello, debido a numerosas fochancas e deterioro do firme.
estradascospeito
4 Ago 2020

O PSOE de Cospeito fixo pública unha queixa polo estado no que se atopan varias das estradas rurais do Concello, debido a numerosas fochancas e deterioro do firme.

"Nosoutros estamos encantados de que os líderes políticos estatais visiten o noso Concello. Que fagan eco nos medios del e o poñan no mapa, cousa que nunca logrou o Goberno Local de Cospeito. Como o ía lograr se para poñer no mapa un lugar é necesario primeiro poder circular por el?", indican. Os socialistas fixeron referencia á visita que fixo o líder do PP a Cospeito durante a campaña das autonómicas.

"Estamos convencidos de que o señor Pablo Casado non accedeu ao municipio por unha das estradas en palabras do noso alcalde: máis importantes do municipio polo labor agropecuario e gandeiro. Precisamente en outubro do ano pasado solicitamos en Pleno Ordinario o seu asfaltado e mellora. Atopando a resposta de que en tres ou dous meses estaría arranxada".

Os socialistas aseguran que as non se fixeron as obras de mantemento demandadas e que continúan en moi mal estado, razón pola que se están a producir queixas veciñais, en especial na zona de Roas, Xermar ou Momán.

Engaden tamén que unha das "técnicas máis empregadas no noso concello para suavizar as fochancas, é a de estender grixo, area e polvo sobre as mesmas. Convertendo as estradas en camiños rurais. Con sorte algunhas reciben este penoso tratamento. Como vemos a de Xermar, nin tan sequera", indican.

"Os que toman as decisións son os culpables, nunca quen realiza esta labor. O noso Goberno Local é o culpable. A destrución do rural comeza así".

Os socialistas aseguran que farán un recocemento dos viais do Concello para saber onde se está a traballar no seu matemento e facer unha valoración do estado dos mesmos.

0.14318299293518