O PSOE de Cospeito denuncia a falta de facultativos e o estado dunha consulta

TerraChaXa
Os socialistas de Cospeito denunciaron a situación da atención sanitaria, xa que normalmente ten cinco médicos e que hoxe só hai dous.
centro saude feira do monte
19 Ago 2021

Os socialistas de Cospeito denunciaron onte a situación da atención sanitaria que está a atravesar o Concello, que normalmente conta con cinco médicos e que actualmente só ten dous en activo, debido a que se no se están a cubrir as vacantes.

Os sistema sanitario conta con 4 facultativos en Feira do Monte e un en Muimenta, pero ata o próximo 6 de setembro, esta última carece de asistencia médica e no primeiro, que ten catro, só quedan traballando estes días dous.

Tamén as consultas de enfermería están moi mermadas, hai consulta de enfermería en Muimenta e na Feira do Monte, de catro tan só hai dous.

"Parécenos un abandono máis do rural, cunha poboación moi maior e moi dependente dos médicos, estes teñen moitas saídas a domicilios polo que se lles fai moi difícil conciliar consultas con saídas, incluso moitos usuarios non saben como facer para conseguir os medicamentos habituais e necesarios, porque tampouco dan citas para consultas telefónicas. Por todo isto, moitos optan por adiantar eles o custo e collelos na farmacia", explican.

Ao mesmo tempo, os socialistas tamén quixeron pedir que se arranxe "canto antes", unha das consultas do centro de saúde de Feira do Monte, a que se atopa na planta soto, pero que é usada a diario como consulta habitual. Segundo indican "atópase nun estado tercermundista con humidades e óxidos, que parece ser que se olvidaron de reparala co resto das estancias e leva así xa tempo, cada vez peor".

De non ser reparada antes, os socialistas de Cospeito pedirán no seguinte Pleno que se tomen medidas.

0.17343616485596