O PSOE de Cospeito denuncia o estado do centro de día
Hai goteiras e as filtracións de auga impiden que se use o ascensor polos cortes de luz.
O grupo municipal socialista de Cospeito denuncia a situación na que se atopa o centro de día de Cospeito.
Segundo indican hai goteiras por todos os lados o que provoca tamén que entre auga na maquinaria do ascensor polo que este non pode ser utilizado.
"Causa indignación que un edificio relativamente novo, ten uns dez ou once anos, teña as deficiencias que se están a ver".
Explican os socialistas que o ascensor está desconectado polo perigo que supón xa que cando se pon en marcha fai corte de luz cando entra a auga na maquinaria.
Lamentan a situación os socialistas explicando que debido ao tipo de centro que é o ascensor é fundamental para a vida diaria ao tratar con xente maior e con pouca mobilidade, moitos deles en cadeira de rodas.
"Así, os usuarios teñen que subir e baixar escaleiras co esforzo que supón para eles. Para os usuarios desde logo, pero tamén para os traballadores que por exemplo teñen que subir bandexas de comida constantemente", engade.
O PSOE afirma que se produciron queixas pero en dous meses aínda non pasou ninguén polo centro para mirar de solucionalo. Afirman que de no solucionarse en breve, o PSOE rexistrará unha solicitude para se dea solución a este situación e se investigue "porque nun edificio de reciente construción están xurdindo estes problemas".