O PSOE de Cospeito fará un informe do estado das vías
O partido socialista de Cospeito, no que actúa de voceira Rosa Morán, está a realizar un estudo das diferentes estradas e vías rurais así como rúas dos núcleos de poboación co obxecto de facer un informe do estado no que se atopa.
O obxectivo e facerlle chegar ao alcalde, as carencias que ten o Concello nesta materia para que poda actuar en consecuencia. “Temos un importante grao de deterioro en todas as vías e é necesario actuar o antes posible en moitas delas”, di.
Os socialistas presentarán esta iniciativa no Pleno de final de mes.
Así mesmo, volverán pedir que o Concello cree axudas para os colectivos máis afectados pola pandemia e o confinamento, en especial no sector da hostalaría. “Todos os concellos o están a facer e nós xa o pedimos catro veces sin que ata o de agora se fixera nada, igual como agora é Feijóo que o pide aos concellos obtemos algún resultado”, di Morán.
Lembra que continúan sen recibir documentación municipal “desde antes do último Pleno”. Asegura a concelleira socialista que no que levan de ano e mesmo decembro do ano pasado non lle foron entregadas nin as actas nin outros documentos.