O PSOE de Cospeito formulará varias preguntas e un rogo no Pleno
Os socialistas de Cospeito, dirixidos por Rosa Morán, presentarán esta tarde no Pleno un rogo para que o Concello se faga cargo das reparacións na Escola Unitaria de Cospeito.
Segundo indica a responsable socialista, a Asociación Veciñal A Pena de Cospeito fai uso do piso inferior da Escola, cedida polo Concello como local social para o desenvolvemento de actividades culturais e recreativas. Ao seu cargo e con subvencións da Deputación Provincial sufragáronse os gastos de rehabilitación pero no último piso xa non hai residentes dende hai un tempo e o abandono da parte superior é considerable, ata o punto de que se poden ver as ventás desvencelladas, sen cristais, permitindo a entrada de auga que ocasiona humidades no local inferior, causando desperfectos na pintura do local social.
Asimesmo, os socialistas preguntarán polo pago das facturas de electricidade, que segundo anunciou o alcalde no anterior Pleno tiñan sen pagar pero que existe un plan para abonalas antes de finais de 2018. Tamén se interesarán pola situación na que se atopa a pista da Regueiriña, sumerxida nun proceso xudicial con pago de indemnizacións incluída.
O pago do quilometraxe a concelleiros nos seus desprazamentos tamén serán motivo de interese polos socialistas, ao que sumarán os pagos a Adeslas, o recargos de demora no pago do IBI da pranta de compostaxe e a sinalización dos barrios na parroquia de Xustás.