O PSOE de Cospeito leva a moción sobre o arranxo do centro de saúde ao Pleno de hoxe
O Concello de Cospeito celebra hoxe sesión plenaria ordinaria para tratar varios temas entre os que unha vez más figurarán varias preguntas do grupo socialista así como unha moción e un rogo.
A moción refírese á situación do centro de saúde de Feira do Monte. A finais do mes de agosto, os socialistas denunciaron a situación da atención sanitaria que estaba a atravesar o Concello, que normalmente conta con cinco médicos e que naquel momento só tiña dous en activo, debido a que se no se están a cubrir as vacantes. Tamén as consultas de enfermería estaban moi mermadas.
Ao mesmo tempo, os socialistas tamén pediron que se arranxase “canto antes”, unha das consultas deste centro, a que se atopa na planta soto, pero que é usada a diario como consulta habitual. Segundo indicaban nalquel momento sen que mellorase a día de hoxe a cousa “atópase nun estado tercermundista con humidades e óxidos, que parece ser que se olvidaron de reparala co resto das estancias e leva así xa tempo, cada vez peor”.
O grupo solicitará por tanto no Pleno que se solicite a Sanidade o inmediato arranxo desta consulta saneando humidades e óxidos en tubaxes e radiadores, pintado da estancia e cambio do mobiliario.
O rogo ten que ver co Servizo de Axuda no Fogar tralo cambio de empresa realizado recientemente. Como explican os socialistas, os usuarios non foron informados sobre as melloras ofertadas pola nova empresa nin se está a cumplir o convenio dos traballadores polo que piden que o Concello interveña para que se cumpra o acordado.
PREGUNTAS
Os socialistas presentarán tamén varias preguntas, algunhas delas que xa veñen de plenos anteriores. Así volverán a preguntar polo estado no que se atopa a tramitación do PXOM, unha vez despedida a empresa redatora; as axudas á hostalaría, aprobadas en pleno hai meses; a situación de Caldaloba, se hai axudas sobre o mesmo; e tamén sobre as pistas de Pino, que quedaran de arranxar cando parara de chover e "volve o inverno e nada sabemos", explica a voceira socialista Rosa Morán.
Ademais, tamén preguntarán pola desaparición do servizo de recollida de cartón polos comecios "xa que a día de hoxe só se recollen os contedores e non polos negocios como se facía antes".
O PSOE tamén quere saber si o Concello vai dar axudas á xente para facer uso das escolas deportivas, no caso de que non se teñan recursos, e sobre a planta de biocompost de Lugo e a compra de terreos.
Finalmente preguntarán pola ponte do Somo. A estrada que une as localidades de Momán e Roas foi amañada pero segundo indican os socialista esta ponte quedou en mal estado, "e queremos saber se se vai facer algo sobre isto".