O PSOE de Cospeito pide explicacións sobre a xestión do reparto de máscaras
Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista no Concello de Cospeito solicitan algunhas respostas sobre a xestión da crise do coronavirus.
"Comprometémonos a respaldar ao alcalde e ao Goberno Municipal nas decisións tomadas referentes á crisis provocada polo coronavirius, así o fixemos presentando propostas, e así o seguiremos facendo pero non podemos deixar de decir que non nos gusta a maneira de xestionar o tema das máscaras, xa que sabemos que a unhos veciños se lle levaron á casa e a outros non", explican.
Indican descoñecer o criterio se seguiu, "se a razón foi que non teñen de momento suficientes máscaras para repartir a todos, entendemos que se priorice á xente de risco como pode ser a xente maior. Pero non a toda a xente maior se lle levou...a unhos si e a outros non.... iso non é xusto, pois todos merecemos o mesmo trato", recalcan.
Debido a esta situación, solcitaron ao Concello información sobre esta xestión en particular.
"Esperamos ter pronto esta información e esperamos tamén que a partires de hoxe mesmo se repartan ou se fagan chegar de calquera outro xeito a todos os cospeitenses, priorizando de ser necsario a veciños de máis risco, pero tendo uns criterios claros e tranparentes"m conclúa.
Así mesmo suxiren que a mellor forma de reparto sería que operarios municiais, debidamente equipados e protexidos realizaran ese traballo. Tamén solicitan que se celebre o pleno extraordinario solicitado o antes posible.