O PSOE de Cospeito reclama ao Concello protexer aos veciños das consecuencias da actividade madereira
Os socialistas de Cospeito, a através da súa voceira, Rosa Morán, denunciaron a situación na que se atopan os accesos a unha vivenda e varios prados nunha zona de Momán de Abaixo, a causa dos labores realizados polas empresas madereiras na zona.
Segundo indica o grupo político, o Concello de Cospeito aprobou hai unhos anos unha ordenanza municipal pola que se obrigaba a estas empresas a solicitar permiso para a tala de montes sempre que o fixeran por unha vía pública do Concello de Cospeito, ou que simplemente pasaran por elas, ao tempo que depositaba unha fianza para os posibles danos ocasionados. "Pero esto non se leva a cabo e estas empresas deixaron aos donos de prados e ao dono dunha casa sen poder acceder ás súas propiedades. Á vista está que estas empresas non están depositando fianza ningunha e ningén arranxa os danos ocasionados, malia que dende o Concello se comprometeron xa hai días a poñerlle solución e a día de hoxe todo segue igual", explica.
O socialistas afirman que esta ordenanza obriga ao Concello a facela cumplir, "pero vemos que non é así, polo que lle pedimos que a apliquen, pois a madeira non se saca nun intre, senón que leva días e os nosos gobernantes deberían ser coñecedores do que acontece e facer cumplir a normativa", engade.
"Aínda que poderíamos falar de moitos máis casos, este é máis grave se cabe, porque hai unha casa á que non se pode acceder e aínda que os donos non viven habitualmente nela, si teñen dereito a poder acceder ás súas propiedades cando queiran, así como os donos dos prados que nin siquiera con tractores poden acudir ás súas fincas para recoller a herba, que é a época e vaiase perder nos prados. De ter depositada esa fianza, o Concello, de non facelo o maderista, podería con eses cartos arranxar os desperfectos, ou polo menos en parte", di Rosa Morán.
O PSOE pide que os gobernantes se impliquen neste tema para que os veciños non teñan que sufrir as consecuencias e poidan ter un acceso digno ás súas propiedades, e que esto se faga de inmediato. "De non ter solución antes do vindeiro pleno ordinario, levaremos este tema para que nos den explicacións, aínda que xa o temos levado en varias ocasións con anterioridade", recalca.