O PSOE de Cospeito solicita o amaño da rúa que une Muimenta e A Pastoriza

TerraChaXa
Os socialistas de Cospeito levarán ao pleno as protestas veciñais polo mal estado no que se atopa a estrada que une Muimenta co Concello da Pastoriza, concretamente coa localidade de San Martiño de Corbelle.
d95aaaca fdea 4205 b079 42e2d9c069bd
8 Xul 2020

Os socialistas de Cospeito levarán ao pleno as protestas veciñais polo mal estado no que se atopa a estrada que une Muimenta co Concello da Pastoriza, concretamente coa localidade de San Martiño de Corbelle. A vía está chea de fochancas e o asfaltada desapareceu.

Como explica a súa voceira, Rosa Morán, "trátase dunha vía moi utilizada xa que moitos dos veciños do Concello veciño veñen comprar a Muimenta polo que é unha vía importante para o noso comercio".

Segundo explica, hai máis dun ano que se arreglou esta carretara con cartos do Plan Único. O tramo da Pastoriza quedou rematado pero no tramo de Cospeito quedaron sen arranxar uns 700 nunha zona onde no hai vivendas.

"É un trozo pequeno de estrada e a xente estase a queixar moito por non falar de que para os comerciantes é un lastre xa que desanima a moita xente a achegarse a Muimenta", engadiu Morán, quen tamén subliñou que hai outro camiño pero supón dar un rodeo.

A voceira socialista propón que este ano se destinen tamén algúns cartos o Plan Único para reparar este tramo tal e como se fixo co resto da carretera.

Por outra banda, os socialistas seguen á espera de que se convoque a comisión de seguemento do covid-19, a única proposta socialista que se aprobou no Pleno extraordinario celebrado en Cospeito. "Quedamos con que tan pronto se retirara o estado de alarma se faría unha reunión da comisión e aínda seguimos esperando xa que non nos convocaron a nada", conclúe.

7130c5c4 4acf 40d0 9c98 34fca4cc1408
0.16098594665527