O PSOE de Cospeito solicita un local no Concello para o grupo
A voceira do grupo socialista de Cospeito, Rosa Morán, fixo chegar un escrito ao Concello, no que solicita para o grupo un local onde poder reunirse e recibir aos veciños.
Segundo afirmou a socialista, esta non é a primeira vez que se solicita un local para os socialistas e ata o de agora non se concedeu alegando "que non había xente de guarda no Concello para reunirse fóra de hora". Agora consideran máis urxente esta medida xa que a Casa da Cultura, onde se reunían ata de agora permanece pechada en varias ocasións.
Rosa Morán afirma no escrito dirixido ao Concello que "esta posibilidade é perfectamente factible, tendo en conta que este concello conta con locales e infraestructura municipal dabondo, e tendo tamén en conta que o noso Grupo Municipal está composto por catro concelleiros".
A Concelleira lembra que o grupo municipal socialista non ten asignación económica "porque sabemos da situación do noso concello e entendemos que hai outras prioridades", pero si ven "factible e necesario un local no que poder xuntarnos e poder recibir a veciños".
O grupo socialista de Cospeito está formado pola súa voceira, Rosa Morán e os concelleiros Daniel Irimia, Carmen Nodar e Loly Alvariño.