O PSOE de Guitiriz construirá un novo PAI, con máis prazas

TerraChaXa
O Partido Socialista de Guitiriz comprométese a construír un novo PAI, con máis prazas, na próxima lexislatura
ESCOLA INFANTIL GUITIRIZ 04
20 Maio 2023

O Partido Socialista de Guitiriz culminará na próxima lexislatura o camiño iniciado estes anos para construir un novo Punto de Atención á Infancia (PAI) que permita resolver o déficit de prazas que existe a día de hoxe.

A alcaldesa de Guitiriz e candidata á alcaldía, Marisol Morandeira, explica que “desde que chegamos ao goberno puxémonos a traballar para solucionar este problema, que fai que teñamos xente en lista de agarda” e lembra que “no ano 2019 a Xunta de Galicia comprometeuse con nós a colaborar no financiamento deste proxecto pero catro anos despois, e ante o incumprimento do seu compromiso, decidimos non agardar máis e facer esta obra con fondos propios”.

A actuación, que ten un custe de ao redor de 350.000 euros, permitirá ampliar a oferta do PAI en 15 prazas de educación infantil (0-3 ano), resolvendo así o déficit existente para ese tramo de idade e eliminando as listas de agarda. O proxecto será financiado con 200.000 euros de fondos municipais e unha axuda de 92.780,25 euros a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.

0.07382607460022