O PSOE de Meira renova a directiva cun novo membro
TerraChaXa
Trala asemblea da agrupación municipal do PsdG-PSOE de Meira elexiuse a nova executiva local da localidade.
11 Apr 2022
Trala asemblea da agrupación municipal do PsdG-PSOE de Meira elexiuse a nova executiva local.
Nesta asemblea, Antonio de Dios, alcalde da localidade, foi elixido como secretario xeral. Do mesmo xeito, foron escollidos tamén outros tres membros da executiva.
Secretario de organización quedou nomeado Agustín Méndez, tenente de alcalde e concelleiro de Cultura en Meira. Manuel Cuesta é o responsable de política municipal e Patricia Vidal faise cargo da área de Igualdade, que vén de ser incorporada.