O PSOE de Muras presenta unha candidatura para "seguir estando ao pé da rúa atendendo as demandas dos veciños"

TerraChaXa
O candidato do PSOE á alcaldía de Muras, Mario Rouco, avanzou este sábado as persoas que o acompañarán na lista dos socialistas para as próximas Eleccións Municipais.
PSOE MURAS
7 Maio 2019

O candidato do PSOE á alcaldía de Muras, Mario Rouco, avanzou este sábado as persoas que o acompañarán na lista dos socialistas para as próximas Eleccións Municipais. Rouco subliñou que “formamos un equipo sólido, forte e cualificado, combinamos xente experimentada no día a día, resultando unha lista de veciños competitiva para saír a gañar as eleccións municipais”.
“Somos persoas que vivimos en Muras, que somos de Muras e que coñecemos o día a día dos nosos veciños e do noso Concello. Iso é un valor que nos diferenza e que implica unha maior confianza para a cidadanía. Coma durante estes 4 anos, estaremos ao pé da rúa, casa por casa, atendendo as demandas dos murenses. Temos o aval da nosa acción de goberno no Concello e moitas razóns para que os veciños sígannos apoiando e poidamos chegar á maioría. Queremos continuar transformando Muras, coas achegas e opinións de todos os cidadáns”.
A candidatura do PSOE no Concello de Muras está formada por Mario Rouco Rey, Carmen Ramil Picos, María Josefina Cillero Chao, Pedro Alfonso Durán, Jesús Prieto García, María Raquel Pernas Viñas e José Miguel Bouza Corral. De suplente vai Agapito Pernas Fernández.
 

0.15504384040833