O PSOE de Muras presenta unha listaxe de medidas de axuda
O Grupo Municipal socialista de Muras presentou no Concello un escrito no que aporta unha serie de medidas para ser adoptadas polo Concello co obxectivo de buscar un consenso entre todos os partidos á hora de aportar solucións para apoiar aos veciños máis afectados pola corentena.
Así, o PSOE municipal propón a creación de axudas directas encamiñadas a paliar a crise en sectores ou servizos que por culpa da corentena foron paralizaros ou viron disminuída a súa facturación.
Propoñen tam-en para todos os veciños a paralización do pago de impostos ou xurros competenciais, como auga, luz, IBI ou similares e posteriormente levar a debate a posibilidade de bonificación do pago dos mesmos.
Finalmente aposta por centrarse nos sectores vulnerables, como as familias con nenos, as persoas en risco de exclusión social e as familias de maiores con ingresos mínimos con axudas directas a estos sectores para a conciliacións da vida laboral e familiar, apoiándose na utilización de recursos xa existentes no concello como servizos sociais, banco de alimentos e Punto de Atención Infantil.