O PSOE de Outeiro de Rei demanda melloras na rede eléctrica da Palloza

TerraChaXa
A Voceira Socialista de Outeiro de Rei, Carmen Acacio López, criticou o "ninguneo que sofren as veciñas e veciños da Palloza" polo alcalde da vila.
16 Jun 2020

A Voceira Socialista de Outeiro de Rei, Carmen Acacio López, criticou o "ninguneo que sofren as veciñas e veciños da Palloza" polo alcalde da vila. Concretamente aludiu ás melloras de electricidade que esta impulsando o Goberno Municipal para adecuar o circuíto de Robra.

Acacio explica que “a día de hoxe fixéronse obras para colocar un transformador nos arredores da Urbanización da Palloza, máis ou menos a 50 metros dunha das vivendas, ademais dos postes que xa están instalados. Pero as veciñas e veciños deste núcleo non poden desfrutar destas vantaxes con este novo subministro eléctrico para así poder dar saída ao problema que levan arrastrando desde hai vinte anos”, lamentou.

A voceira Socialista sinala que o Goberno mantivo unha xuntanza cos veciños das Penelas, “pero agora comprobamos que veciñanza da Palloza é marxinada e evitan dar solucións prácticas a grave problemática”. Acacio fíxose eco das demandas dos veciños que se puxeron en contacto co Grupo Socialista de Outeiro de Rei para denunciar esta situación.

Por todo isto Acacio emprazou ao alcalde a que “deixe de marear a perdiz e que se poña traballar por todas as parroquias sen distinción, por iso demandamos que xestione melloras na rede eléctrica da Palloza. Porque os veciños de Outeiro de Rei non merecen ter un subministro eléctrico terceiromundista, merecen uns servizos do século XXI”, resumiu.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17449116706848