O PSOE de Outeiro reclama do PP demandar melloras económicas para a veciñanza

TerraChaXa | LugoXa
Carmen Acacio defendeu unha iniciativa coa que reclamou á Xunta maior implicación diante da crise derivada pola invasión de Ucraína.
Casa_do_Concello_de_Outeiro_de_Rei
10 Maio 2022

A voceira do PSdeG de Outeiro de Rei, Carmen Acacio, defendeu unha iniciativa na pasada sesión plenaria coa que reclamou á Xunta maior implicación diante da crise derivada pola invasión de Ucraína. Nesa liña reclamou ao Goberno Autonómico “a redución das peaxes autoestradas autonómicas, un impulso lexislativo para determinar os proxectos estratéxicos dirixidos a elevar a autosuficiencia enerxética, aprobar un plan social de axudas ás familias máis vulnerables, a reformulación da Tarxeta Básica da Xunta, ou a redución no tramo autonómico do IRPF”,  entre outras.

A voceira socialista criticou a pouca empatía do Goberno do PP “que rexeitou esta proposta”. “Temos un goberno municipal que só se adica a abroncar nas sesións plenarias á oposición cando presentan unha proposta para demandar melloras, como neste caso. O Alcalde adicase a desprestixiar aos demais concelleiros, cando é incapaz de sumar apoios e buscar consenso”, dixo.

Acacio lembrou que o Goberno de Pedro Sánchez aprobou un Plan de Choque das consecuencias da Guerra en Ucraína, cunha mobilización de recursos de 16.000 millóns de euros, que inclúe axudas para familias, traballadores e tecido económico e empresarial, así como medidas en materia de transporte, ciberseguridade e enerxía, co obxectivo de protexer aos sectores e cidadáns máis afectados, distribuíndo equitativamente os efectos da invasión e preservando na medida do posible a senda de crecemento e creación de emprego. “Pero unha vez mais atopámonos o non do PP”, lamentou.

0.18780708312988