O PSOE de Outeiro rexeita o orzamento "por non responder ás prioridades da veciñanza"

TerraChaXa | LugoXa
A Voceira do PSdeG de Outeiro de Rei, Carmen Acacio, avanzou que votou en contra dos orzamentos presentados polo PP no pleno extraordinario.
pleno outeiro de rei
2 Aug 2022

A voceira do PSdeG de Outeiro de Rei, Carmen Acacio, avanzou que votou en contra dos orzamentos presentados polo PP no pleno extraordinario, convocado para esta fin. Sinalou que “unha vez máis chegan tarde, xa que están fóra de prazo”. E tamén aludiu ao informe de intervención no que sinala que o Goberno de Pardo Lombao “segue excedéndose coa figura do recoñecemento extraxudicial de crédito, para dar cobertura a realización sistemática de gastos que se realizan fóra do orzamento”.

Carmen Acacio aludiu ademais ao informe da memoria explicativa do orzamento no que sinala que “as previsións económicas do concello baséanse na forte inversión e na boa xestión”. “Teño que lembrar que o Concello de Outeiro de Rei  debeu nos últimos anos facturas cun importe de preto dun millón de euros, debido a catastrófica xestión económica do PP”. E segundo se fixo público “pasamos a ser o segundo concello máis endebedado da provincia, e agora coa aprobación destas contas, de seguro seremos os primeiros do ranking”. 

A voceira Socialista tamén se referiu ao investimento que sistematicamente e ano tras ano, o concello adica a urbanización A Palloza. “Pero cada ano a veciñanza comproba que simplemente faino para maquillar e engordar as contas municipais, porque non se executou nin unha soa obra neste espazo”. Este ano a cantidade que ten asignada para urbanizar este núcleo é de 1.519.858 euros.

Por último explicou que “o Concello de Outeiro de Rei precisa dun goberno serio, rigoroso e solvente, e non un equipo de Goberno que engana á cidadanía cunha contas maquilladas e sobretodo que non responden ás necesidades do Concello e ás demandas da veciñanza”. Como por exemplo coa construción de dúas piscinas públicas e un centro BTT para bicicletas de montaña nas inmediacións da área recreativa de Santa Isabel, cu investimento de 1,1 millóns de euros, “cando temos parroquias sen saneamento no noso concello”, dixo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12811303138733