O PSOE de Ribadeo presenta unha candidatura renovada de cara ás elecciósn

TerraChaXa | AMariñaXa
A candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, avanzou este martes as persoas que integrarán a lista dos socialistas para as próximas eleccións municipais.
Captura de pantalla 2019 04 10 a las 16.23.44
30 Abr 2019

A candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, avanzou este martes as persoas que integrarán a lista dos socialistas para as próximas eleccións municipais. “Trátase dunha candidatura forte, sólida e interxeracional que representa aos diferentes sectores da sociedade de Ribadeo como o turismo, a educación ou o mar. Somos un grupo de persoas que vivimos en Ribadeo, que estamos comprometidos coa nosa vila e que imos a estar a pé de rúa, escoitando as demandas dos nosos veciños e traballando por atender as súas necesidades”.

Marta Rey destacou que “presentamos un equipo renovado, que combina xente nova con persoas con experiencia municipal en Ribadeo. Queremos recuperar o espazo político da esquerda para acadar o noso obxectivo, volver a estar no Goberno Municipal para ser partícipes do presente e do futuro da nosa vila. E o faremos apostando polos servizos sociais, dinamizando o rural, fixando poboación e atendendo aos nosos maiores, enmarcado no proxecto progresista do PSOE”. 

Lista representativa de Ribadeo

Na candidatura do PSOE en Ribadeo están representadas as parroquias de Villaselán, Santalla de Villaosende, A Devesa, Ove, Vilela, Couxela, así como o casco urbano de Ribadeo. A lista dos socialistas está formada por Marta García Rey, Francisco Javier Torviso Berdeal, María José Rodríguez Arca, Francisco Javier Rodríguez Veiga, Ana María Fernández Rodríguez, Justo Enrique Navarret Mon, María Teresa Pérez Sanz, Natalia Modelo Gonçalves, José Ángel Redondo Alba, César Fernández Murias, María del Carmen Díaz Ríos, Lorena Ramón Bouso, José Manuel Pérez López, Ramón Ángel Coto Longarela e Anca Stefanía Honcu.

Datos históricos nas Eleccións Xerais

A Executiva Local valorou positivamente os resultados das Eleccións Xerais no Concello de Ribadeo onde o PSOE foi a forza máis votada en 9 das 13 mesas, sendo o mellor resultado dos socialistas nos últimos 30 anos. “Isto danos alento, forza e un empuxón para saír ás municipais con moita ilusión e coa esperanza de acadar uns bos resultados”, subliñou a candidata do PSOE.

0.14046907424927