O PSOE de Riotorto denunciará ao Goberno local ante a Valedora por falta de transparencia

TerraChaXa | AMariñaXa
Os socialistas de Riotorto avanzan que recorrerán á Valedora do Pobo ante a falta de transpraencia do alcalde.
casa do concello de riotorto 3
12 May 2022

Os socialistas de Riotorto avanzaron que recorrerán á Valedora do Pobo ante a falla de transparencia do Alcalde. “Comprobamos diariamente o constante torpedeo do PP para poder exercer o noso traballo como oposición”, lamentaron os concelleiros do PSdeG.

Os socialistas explican que o pasado 19 de agosto do 2021 presentaron un escrito no rexistro no Concello para poder revisar os expedientes de contratación da obra de ampliación da rede de saneamento dende Mundin a Hortovello. E o pasado 29 de setembro do 2021, solicitamos coñecer o proxecto para a planta de residuos. “Pois ben, 9 meses despois destas dúas solicitudes, concretamente no dia de onte, martes 10 de maio, puidemos acceder a comprobar estas expedientes. Esta é a democracia do PP e do Alcalde de Riotorto”, critican os socialistas.

Por iso dende o PSdeG queremos lembrarlle a lexislación vixente sobre estas peticións. O artigo 14 de Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, puntualiza: tódolos membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente ou da Comisión de Goberno cuantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función. A solicitude para o exercicio do dereito previsto deberá resolverse motivadamente dentro dos cinco días naturais seguintes a aquel en que fose presentada.

José García e Francisco Fernández puntualizan ademais que nestes intres o grupo socialista ten pendentes outras peticións no rexistro do Concello. “O pasado 14 de xaneiro deste mesmo ano demandamos revisar o expediente de compra da parcela da planta de residuos e coñecer a licencia da empresa ERINSA. Así como comprobar o rexistro de entrada e saída do Concello. E ademais, con data 16 de marzo, solicitamos o padrón de veciños con canón e sen canón no servicio de auga. “Xa pasaron case 4 meses dende a primeira petición e outros 2 meses da segunda, polo tanto, xa pasou o tempo legal para respostar a estas solicitudes, e seguimos sen noticias”, advirten.

Ocultación de información grave

“Estamos diante unha ocultación de información grave, que torpedea o noso traballo diario como representantes da corporación municipal, tal e como recolle a propia lexislación. Polo tanto anunciamos que recorremos a presentar unha queixa diante da Valedora do Pobo, ante os continuos desplantes democráticos do Alcalde e de todo o Goberno do PP de Riotorto para exercer o noso traballo como concelleiros”, replican dende o PSdeG.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18023800849915