O PSOE de Trabada fai balance dos investimentos durante o ano

TerraChaXa | AMariñaXa
O PSOE de Trabada fai balance dos investimentos durante o ano. En total o investimentos que xestionou o PSOE ascenden a 956.499,95 euros.
5 Jan 2021

Dende o PSOE de Trabada remataron o ano facendo balance da xestión. "Foi un ano moi difícil para todos, estivemos expostos a unha situación sin precedentes na que vimos como a dureza deste virus se levaba moitas vidas e nos cambiaba o estilo de vida dos que a día de hoxe podemos contalo, polo que agardamos que a tristeza deste ano remate con el e que o 2021 esté cargado de saúde, alegría e paz para todos!", indican.

Segundo indican os proxectos xestionados polos socialistas e executados neste exercicio foron de 407.461,60 euros e se ocuparon de nove actuacións principais:

  • Rehabilitación da escola de Villapercide por importe de 115.738,72€.
  • Mellora da accesibilidade á residencia e construcción dunha acera pola marxe esquerda na Ría de Abres por importe de 42.377,05€.
  • Reconstrución da ponte de San Martiño por importe de 22.172,12€.
  • Urbanización de museo por importe de 39.706,86€.
  • Acondicionamento e mellora do acceso a Vilapena por importe de 40.505,00€.
  • Urbanización do acceso á escola de Vilapercide por importe de 10.750,00€.
  • Obras do parque infantil na Ría de Abres por importe de 23.818,85€.
  • Equipamento do Centro Etnográfico José Rocha por importe de 36.300,00€.
  • Reparación Área Choza, por importe de 60.000,00€.
  • Recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000 no Concello de Trabada na área recreativa da Choza e na fraga da Belosiña, por importe de 16.093,00€.

Por outra banda, tamén presentaron os proxectos xestionados que se executarán nos vindeiros meses e que teñen un orzamento total de 549.038,35 euros. Os máis destados serían:

  • Reconstrución da ponte de Paxarín, por importe de 23.744,51€.
  • Pavimentación dos camiños de acceso ao Bargo, Vilasuso, Carreirachá por importe de 55.962,50€.
  • Construción da pista de pádel por importe de 36.306,47€.
  • Reparación da cuberta na escola de Sante por importe de 15.559,01€.
  • Rehabilitación da vivenda de Vilapercide por importe de 39.998,96€.
  • Construción do aparcamento de autocaravanas na Ría de Abres por importe de 40.492,72€.
  • Pavimentación do último tramo da estrada provincial LU-P-5506, que conecta Trabada con Lugo, por un importe de 152.500,00€.
  • Obras de reposición do parque infantil de Trabada situado ao lado do Concello, por importe de 14.520,00€.
  • Rehabilitación enerxética da envolvente térmica do punto de atención á infancia e da cámara agraria, por importe de 86.892,00€

Finalmente a alcaldesa, Mayra García Bermúdez lembrou as axudas ás asociacións de veciños:

  • Acondicionamento da cuberta do Teleclube de Sante: 28.062,18€
  • Acondicionamento da cuberta do Teleclube de Vilaformán: 40.000,00€
  • Abastecemento en Carreirachá: 15.000,00€
En total o investimentos que xestionou o grupo socialista ascenden a 956.499,95 euros. "Estes son os resultados da nosa xestión, porque con independencia de onde veñan os fondos, hai que xestionalos e aí é onde está o traballo do Goberno Socialista Municipal de Trabada", lembra Mayra García.
0.15237402915955