O PSOE de Vilalba critica ao concello pola súa xestión da mellora da avenida Terra Chá

TerraChaXa
O Grupo Municipal Socialista vén de facer unha crítica ao equipo de goberno de Agustín Baamonde pola negociación coa Xunta de Galicia para o cambio de titularidade e a mellora do firme na Avenida Terra Chá.
4 Dec 2018

O Grupo Municipal Socialista vén de facer unha crítica ao equipo de goberno de Agustín Baamonde pola negociación coa Xunta de Galicia para o cambio de titularidade e a mellora do firme na Avenida Terra Chá. Os diferentes grupos políticos significaranse sobre a primeira fase da mellora da travesía da antiga LU-126, que baixo o criterio do PSOE é insuficiente e non contempla ningún plan de humanización.

A negociación iniciada no ano 2005 coa extinta Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda foi procrastinada por “incidencias xurdidas no proxecto”, de xeito que a insuficiencia orzamentaria paralizou estes acordos e o Concello pediu financiamento adicional. A voceira dos socialistas, Elba Veleiro, afirma que “agora Baamonde quere pechar este convenio de cambio de titularidade e colaboración entre Concello e Xunta cuns mínimos inaceptables, e nunhas condicións moi inferiores ao inicialmente acordado”. Do mesmo xeito, o Grupo Socialista subliña a necesidade de incluir nestas melloras un plan de humanización, con espazos para as persoas, mais afirman que “a escasa capacidade negociadora do alcalde coa Xunta deixa de novo á veciñanza de Vilalba sen as oportunidades de progreso que merece”.

Neste senso, os socialistas trasladan a súa intención de pedir ao goberno local que “consiga o investimento necesario antes de pechar o convenio coa Consellería, pois as actuacións deberan realizarse cun sentido e os populares semellan incapaces de planificar un proxecto beneficioso para todas e todos”. Porén, o PSOE adianta que o sentido do seu voto será favorable argüíndo que “non podemos estar en contra dos traballos que se fagan, por moito que non compartamos nin a súa negociación nin a súa posta en marcha”, conclúen.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18662285804749