O PSOE de Vilalba lembra ao PP que a situación do pavillón deriva da súa mala xestión

TerraChaXa
Os socialistas de Vilalba consideran “surrealista” que sexa o PP local quen denuncia o mal estado do pavillón municipal, “xa que falamos dunha situación que deriva da súa mala xestión cando estaban no goberno local”.
cuberta pavillon deportes vilalba
14 Mar 2024

Os socialistas de Vilalba consideran “surrealista” que sexa o PP local quen denuncia o mal estado do pavillón municipal, “xa que falamos dunha situación que deriva da súa mala xestión cando estaban no goberno local”.

“Como ben sabe o PP, o actual goberno local realizou varias actuacións nos últimos anos para solucionar o problema das goteiras e o pasado mes de outubro aprobáronse nun pleno extraordinario as obras para a reparación integral da cuberta do pavillón municipal, cun orzamento de 75.000 euros”, asegura Eduardo Vidal, secretario xeral do PSOE de Vilalba.

As obras xa están adxudicadas e só a espera dunha mellora das condicións meteorolóxicas para que comecen.

Consistirán na substitución da cuberta existente por unha nova cunhas condicións de illamento axeitadas. Renovaranse tamén as cubertas dos vestiarios das instalacións, mellorando a súa eficiencia enerxética.

“O compromiso co deporte e as instalacións deportivas demóstrase con feitos, como esta actuación ou a recente reparación do céspede do estadio municipal A Madalena, onde o concello fará novos investimentos como as melloras na zona de venta de entradas, o acondicionamento dunha sala de prensa e dun ximnasio", sostén Vidal.

O secretario xeral socialista engade que "o PP coñece estes proxectos e sabe que xa están en marcha, chegan tarde nas súas críticas e non aportan nada, só pretenden sacar réditos políticos do traballo de outros".

O concello renovará tamén a pista do pavillón polideportivo do CEIP Mato Vizoso e solicitou unha subvención para mellorar a cuberta e os vestiarios do pavillón do CEIP Insua Bermúdez.

0.19078421592712