O PSOE de Vilalba presenta unha candidatura dinámica
O PSOE presentou a súa nova candidatura á alcaldía de Vilalba para as vindeiras eleccións municipais, que encabezará a voceira municipal da agrupación socialista vilalbesa, Elba Veleiro Fernández. Fíxoo nun acto no que participou, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o secretario xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos, o presidente da Deputación, Darío Campos, e o secretario xeral do PSOE de Vilalba, Rodrigo Pavón, xunto a máis de un cento de compañeiros e veciños do Concello.
A socialista agradeceu o respaldo dos seus compañeiros para liderar o proxecto socialista en Vilalba e subliñou que “temos a gran responsabilidade de ser o referente e a alternativa para que o cambio que demandan os veciños do noso Concello sexa unha realidade. Para iso, presentamos unha candidatura dinámica, interxeracional, que representa ao conxunto da sociedade vilalbesa e as súas 29 parroquias, de diferentes sectores e ámbitos profesionais”.
“Trátase dunha lista froito do inconmensurable traballo de moitos socialistas vilalbeses que pelexaron durante moitos anos por ofrecer aos veciños un proxecto de futuro. Queremos que as políticas retrógradas do PP non volvan máis a Vilalba. Hai motivos para crer que esta vez si imos a gañar a alcaldía”.
A candidata fixo unha mención especial ao compañeiro, Eduardo Vidal, que pecha a lista dos socialistas, agradecendo “o seu esforzo durante tantos anos” e salientando “o compromiso por mellorar o Concello e a calidade de vida dos veciños”.
Elba Veleiro puxo en valor que a candidatura do PSOE é a única en Vilalba encabezada por unha muller. Neste eido, destacou que “os socialistas imos a empoderar á muller, sobre todo do rural, e darlle o espazo e o sitio que se merece a través de iniciativas que fomenten a igualdade de oportunidades”.
A lista dos socialistas está integrada por: María Elba Veleiro Fernández, Rodrigo Pavón Prieto, Marta María Rouco Seoane, Luis Fernández Álvarez, Vanesa Siso Calvo, Ignacio Criado Montenegro, Antía Rama Rivas, Xosé Teixeiro Pérez, Maria Delia Amarelo Bermúdez, Duarte Barrio Rego, Rosalía Otero Gallego, Ángel Ramón Campos López, María Goretti Pérez Díaz, José García Anido, Antía Maseda Otero, Miguel González Montes e Eduardo Vidal Baamonde. Suplentes: María Antonia Verdes López, Fernando Justo Díaz, María Teresa Portela Rey, Ángel Souto Rego e Sergio Seoane Campello.