Libertad para Daniel Irimia, que está investigado por empurrar á súa parella durante unha voda

O concelleiro socialista de Cospeito, Daniel Irimia, foi posto en liberdade esta mañá de luns despois de pasar a disposición xudicial e acollerse ao seu dereito a non declarar. A maxistrada de Instrución de Vilalba non lle impuxo ningunha medida cautelar xa que non foron solicitadas e será investigado por un delito de lesións.
Os feitos tiveron lugar durante a celebración dunha voda, cando, no medio dunha discusión, Irimia presuntamente empurrou á súa parella, que caeu ao chan. Tras o suceso, alertouse á Garda Civil, que procedeu á súa detención a primeira hora do domingo.
Polo momento, a vítima, a parella de Irimia, non necesitou atención médica nin presentou cargos, polo que se actuou de oficio a través do sistema Viogen.
O PSOE de Lugo defendeu esta mañá a presunción de inocencia tras a detención do portavoz socialista en Cospeito, Daniel Irimia, despois dun presunto incidente ocorrido na madrugada do sábado ao domingo en Vilalba. Os socialistas aseguran que, de momento, Irimia non deixará os seus cargos.
A secretaria de organización do PSOE, Pilar García Porto, manifestaba esta mañá, tras coñecer o suceso, que "desde o PSOE condenamos calquera tipo de violencia e, sobre todo a de xénero", pero tamén asegurou que defende "o dereito a defenderse do acusado", por lo que o partido esperará ao que ditamine a xustiza antes de facer calquera declaración ou actuación.
REACCIÓN DO PARTIDO POPULAR
O PP da provincia de Lugo esixe explicacións ao PSOE lucense ante a noticia do caso do seu portavoz en Cospeito investigado por un presunto delito de lesións á súa parella. De confirmárense os feitos relatados, deben ser “publicamente condenados”.
Os populares manifestan o seu “respecto á presunción de inocencia”, pero tamén consideran que, de confirmarse este tipo de comportamentos, “requiren o fondo rexeitamento por parte de todos”. Así, ven “sorprendente” en relación a este asunto “o silencio do PSOE na provincia e en Galicia, José Tomé, Lara Méndez e José Ramón Gómez Besteiro”.
Dende o PP de Lugo agardan “explicacións” por parte do propio voceiro do PSOE de Cospeito. “O feito de non declarar evidencia a pouca vontade por aclarar os feitos”, consideran.
Á vista de que “parece que o único que lle preocupa é a súa carreira política”, lembran que “continúa investigado”. Así, os populares esperan as decisións que cren que debería adoptar o PSOE lucense “de forma inmediata”.
Aos representantes públicos esíxesenos exemplaridade en calquera ámbito. E tendo en conta os presuntos feitos que se desenvolveron nun espazo público distan moito do comportamento que debería adoptar calquera representante público, agardamos a condena pública por parte de todos. Tamén do BNG.