O PSOE demanda un compromiso orzamentario para o centro de día de Vilalba

TerraChaXa
Membros do PSOE comarcal de Vilalba denunciaron que o PP nunca apoiou a creación dun Centro de Día e o abandono dos servizos públicos.
roda de prensa psoe vilalba luis alvarez elba veleiro patricia otero
28 Maio 2021

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE e deputada Autonómica, Patricia Otero denunciou hoxe que “o PP nunca apoiou a creación dun Centro de Día en Vilalba”. Así o dixo tras realizar unha roda de prensa sobre este asunto na sede da agrupación socialista local, acompañada da alcaldesa da vila, Elba Veleiro e do deputado Autonómico, Luis Álvarez.

Dixo que esta actitude do PP “amosa unha vez máis o abandono dos servicios públicos por parte do PP de Núñez Feijóo e de Elena Candia, xa que non reclama as dotacións públicas que precisa e demanda esta provincia. Nestes 12 anos de Gobernos do PP en Galicia creáronse cero prazas en residencias públicas de maiores na provincia, e comprobamos ademais como tampouco están apoiando a creación de novos Centros de Día ou as escolas infantís tan necesarias no rural”.

Otero tamén se fixo eco dos anuncios constantes do PP en relación aos fondos Next Generatión. “O Goberno da Xunta está ofrecendo estes fondos repartidos en 354 proxectos cun orzamento que conta con millóns de euros”, dos cales a nosa Comunidade non é a única destinataria. A deputada dixo que o PP “abandona todos os proxectos relacionados coa política social, da que non hai que esquecer é competencia do Goberno de Feijóo por moito que queira endosala a outras administracións, aquí non pode trasladalas ao Goberno Central, polo tanto ten que exercelas. Por todo isto, levaremos este asunto ao Parlamento, veremos cal é o sentido do voto do PP ademais dos sloganes que poida facer dende Vilalba”.

Pola súa banda a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro lembrou que “para o PSdeG a creación dun Centro de Día na vila sempre foi unha prioridade, xa que pola falla desta dotación asistencial tan importante, as familias e os usuarios teñen que desprazarse a outros concellos para poder utilizar deste servicio moi necesario para conciliar a vida laboral e familiar”.

Emendas aos orzamentos da Xunta

Nesa liña sinalou que nas emendas aos orzamentos da Xunta “o PSdeG de Vilalba reivindicou unha partida económica para a construción desta infraestrutura, pero foi rexeitada polos parlamentarios do PP, incluída a deputada e concelleira vilalbesa Sandra Vázquez, porque ao PP non lle parece necesaria esta dotación”, insistiu.

Ademais aludiu a outras iniciativas socialistas presentadas no Pleno da Corporación de Vilalba en pasadas lexislaturas, cando gobernaba o PP, solicitando este mesmo Centro, “pero unha vez mais atopámonos co bloqueo do PP, xa que daquela sinalaban que non eran necesario. Pero agora que o PP esta na oposición en Vilaba, xa é un asunto de interese para a veciñanza”. A alcaldesa tamén se referiu como unha posible ubicación desta nova dotación ao emprazamento da antiga estación de autobuses de Vilalba, como así o trasladou no seu día ao anterior Delegado da Xunta na provincia.

A incoherencia do PP

O deputado Autonómico do PSdeG-PSOE, Luís Álvarez avanzou que defenderá unha moción no Parlamento “para que o Goberno de Feijóo inicie neste ano a construción dun centro de día en Vilalba, e entre en funcionamento no ano 2022”.

Álvarez referiuse tamén ao sorprendente cambio de aptitude do PP de Vilalba nesta asunto tan importante para o Concello. Advertiu que o PP “esta presidido polo cinismo máis absoluto, xa que cando goberna non executa os proxectos que despois na oposición demanda, e este é un claro exemplo. Negáronse insistentemente a dotar orzamentariamente este proxecto, tantos nos orzamentos deste ano como na anualidade anterior, e agora parece que atoparon a pedra filosofal para demandar as iniciativas que antes non eran necesarias”, replicou.

O deputado tamén criticou o cambio de criterio do PP, diante da opinión pública sobre este asunto, “agora di que si é necesario, pero fai uns meses cos orzamentos da Xunta este non centro de dia non era necesario, e o PP votou en contra. Polo tanto, toda esta actitude política é dunha incoherencia que raia o razoable, e por outra banda vincula esta nova dotación aos fondos Next Generatión”.

Concretamente, a través destes fondos europeos o parlamentario autonómico advertiu que o Goberno de Feijóo está reclamando proxectos que xa tiñan que estar feitos, con orzamento propio da Xunta. “Por iso nós demandamos que o Centro de Día de Vilalba ten que realizarse en todo caso, e con independencia de que se concedan cos fondos Next Generatión. Polo tanto, si o PP de Vilalba recoñece que é necesario a construción do centro de dia, queremos que se realice cos fondos europeos ou a través dos orzamentos da xunta. Si é necesario, é necesario”, insistiu.

Cambio na política municipal con Elba Veleiro

“Hai un cambio notorio e fundamental na política municipal dende que Elba Veleiro é alcaldesa de Vilalba, porque comprobamos que dende que o PP está na oposición demanda proxectos que antes negaba, e esta actitude parecemos unha burla á poboación de Vilalba, e por suposto está nas antípodas da coherencia que amosou o PSdeG de Vilalba. Xa que demandou este mesmo proxecto cando estaba na oposición, e faino agora que está no goberno. Porque si hai unha necesidade, haina, goberne quen goberne no Concello”, replicou.

Luís Álvarez tamén lembrou que o PP gobernou durante moitos anos o Concello de Vilalba “por iso puido buscar no seu momento a complicidade do PP no goberno da Xunta, para dotar á veciñanza deste dotación. Nós agora dende a Cámara Autonómica vamos a comprobar si o PP de Vilalba e o PP no Parlamento de Galicia apoian que se faga este Centro de Día con ou sen fondos Next Generatión”, resumiu.

O PARTIDO POPULAR NO PLENO

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vilalba propuxo ao Concello desenvolva “coa máxima urxencia” os medios técnicos e materiais precisos para a elaboración dun proxecto “serio e rigoroso” que permita optar á captación de recursos do plan de fondos europeos de recuperación Next Generation de cara á construción dun centro de día “inserido nun novo modelo asistencial de atención a persoas maiores que dea resposta ás novas necesidades que se presentan a consecuencia da pandemia da covid-19”. Igualmente, a iniciativa do Grupo do PP recolle a convocatoria de todas forzas políticas e o tecido social de Vilalba instando á súa colaboración e a facer efectiva a solicitude oportuna para a participación no reparto dos referidos fondos cando se abra o proceso a tales efectos.

Os populares agardan o apoio do goberno local a esta proposta tendo en conta que “o PSOE reclamaba insistentemente dende a oposición a súa construción e mesmo o converteron nun dos eixos fundamentais da súa última campaña electoral”. Con todo, lamentan que “unha vez que accedeu ao goberno, igual que fixo con outras cuestións do seu programa, parece ter esquecido o tema e nin quere sequera saber nada sobre o centro de día máis aló de reclamarlle á Xunta de Galicia que lle saque as castañas do lume, nunha clara e nova demostración de abandono de funcións e de incapacidade política ao respecto”.

Dende o Grupo Municipal do PP explican que “se o Concello quere optar aos fondos europeos, debe solicitalos. E para iso é preciso preparar un proxecto serio, interesante e atractivo. “En lugar de botar balóns fóra, o que debe facer un equipo de goberno que se prece será poñerse ao fronte da iniciativa, exercer o protagonismo, convocar ás forzas políticas e sociais de Vilalba e preparar un plan digno para o fin que se persegue. Se así o fai, cumprirá co seu deber; do contrario, a súa incapacidade quedará retratada para sempre”, manifestan.

Para os populares “as circunstancias tráxicas da pandemia da covid-19 brindan unha oportunidade extraordinaria para dotar a Vilalba do referido servizo, a través do plan de fondos europeos de recuperación Next Generation habilitado pola Unión Europea”. Trátase dunha “oportunidade única para acometer un proxecto ambicioso que permita camiñar cara a un novo modelo de prestación que supere ao actual sistema que, como demostraron precisamente as consecuencias da propia pandemia, non ten viabilidade no futuro próximo. Isto mesmo soubo velo o Sindicato Labrego Galego que en días pasados chamaba a atención ao respecto”, sinalan.

0.10542988777161