O PSOE desvela un acordo a Xunta e unha empresa americana para a xestión de Cardioloxía no HULA
O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, xunto ao Secretario de Sanidade da Executiva Provincial Socialista, desvelou os detalles do anexo ao convenio de colaboración que a Xunta de Galicia asinou hai meses cunha multinacional americana especificamente sobre o servizo de cardioloxía do Hospital Lucus Augusti de Lugo. Trátase dun dos anexos que o Goberno galego do PP ocultou ata que a Comisión de Transparencia o advertiu de ilegalidade. O Executivo de Feijóo só tiña publicados os convenios, nos que non se detallan o papel da compañía e sobre os que asegurou que non supoñían custos públicos, mentindo.
Participación na planificación do servizo de cardioloxía
O anexo amosa que o Goberno de Feijóo fai partícipe a esta multinacional americana na planificación do servizo de cardioloxía do HULA. Por exemplo, tal e como recolle o anexo, dos procesos operativos (control de gestión, organización, vías clínicas, logística...) ou recursos humanos y materiales (equipamiento, espacios, sistemas de información, etc).
Acceso libre aos datos dos pacientes
Concédeselle á compañía actuacións como a gestión de pacientes crónicos ou a explotación de información. El hospital debería facilitar el acceso periódico al subconjunto de datos del CMBD relacionados con cardiología, así como cualquier información relevante para tal fin. La cesión de uso e implantación del sistema informático que permita el seguimiento normalizado de los pacientes, apunta o anexo.
“Unha multinacional vai a ter moito que dicir sobre como se planifica a asistencia dos pacientes. Ademais, pola vía de convenio, dáse entrada aos datos básicos e protexidos dos pacientes, que se poderían empregar en beneficio do desenvolvemento da actividade dunha empresa, con independencia da aportación que faga con este convenio”, destacou Santos Ramos.
Custos públicos que a Xunta do PP negou
El hospital se compromete a provomer la colaboración activa del personal que intervengan en los procesos sujetos a análisis y rediseño. Si del análisis de los procesos se aconsejan determinadas acciones que conlleven un gasto aparejado no expresamente recogido en ningún otro apartado de este acuerdo, se deberá someter a su aprobación por el Comité de Dirección del Acuerdo. El hospital corre con los gastos corrientes derivados del uso de las instalaciones.
“Polo tanto, ponse a disposición da compañía persoal e medios públicos. A administración asume os custos de mantemento do equipamento que se empreguen, e que son da empresa. Isto evidencia que si hai un custo público e que o PP de Feijóo volveu a mentir. Non se especifica que pasa co material funxible, pero si o merca o SERGAS os custos son máis”, subliñou.
Acordo para fortalecer a unha multinacional. Sen contratación pública
O anexo recolle textualmente que a multinacional tiene la orientación de aumentar su oferta en servizos e solucións orientados a unha prestación sanitaria más eficiente y el desarrollo de las actividades objeto de este acuerdo fortalecerá su posición para ofertar en el futuro actuaciones de transformación integral a las unidades clínicas. A compañía asumirá directamente “la promoción y ejecución, mediante obra civil, del espacio hospitalario necesario para la instalación de equipamiento. Los acabados finales, mobiliario e iluminación, etc, que configuren la imagen y en definitiva el “look and feel” de la actuación, seguirán los estándares marcados pola multinacional. “A través dun convenio, sáltanse moitísimos dos preceptos que na xestión e incluso na contratación pública deben imperar”, denunciou o Secretario Xeral.
É o REGALIAM unha máscara máis de Feijóo?
“Este acordo deixa a dúbida de se o REGALIAM é unha máscara máis de Feijóo e fortaleza o convencemento que temos moitos lucenses: estamos sen Hemodinámica 24 horas por capricho de Feijóo; un capricho que responde a intereses que non confesa, pero que pouco a pouco vamos descubrindo entre todos”, remarcou.
Intereses políticos e económicos
“Nós ratificámonos na nosa denuncia: se Hemodinámica non funciona as 24 horas no HULA non responde só a criterios clínicos como asegura o Partido Popular. Cremos que hai outros intereses políticos e económicos entre o PP, pois dirixe a Xunta e polo tanto o Sergas, e determinadas compañías”, denunciou.
“O que temos claro é que o Goberno galego do PP permite formar parte a unha multinacional na toma de decisións sobre a saúde de todos os lucenses, que os nosos datos están sendo utilizados por unha multinacional no HULA, que a Xunta está poñendo a disposición dunha compañía recursos públicos para que investigue e mellore os produtos que ofrece, é dicir, para ter unha situación privilexiada no mercado do que compite e no que participa”, concluíu.