O PSOE esíxelle a Feijóo que cumpra coa variante de Viveiro
A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero demandoulle ao Delegado da Xunta na provincia de Lugo que reclame ao Presidente Feijoo as obras pendentes na provincia, como a variante de Viveiro. Así o dixo tralas criticas deste responsable provincial sobre a vista do líder do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero.
A Secretaria Provincial Socialista dixo “que Balseiro en vez de adicarse dende o seu cargo institucional a atacar politicamente ao Presidente, Pedro Sánchez e a Gonzalo Caballero, pode aproveitalo para demandarlle a Feijoo que cumpra coas obras pendentes na provincia, como por exemplo a variante de Viveiro ou o desdobramento do corredor de Sarria, por citar algún exemplo”, espetou.
Otero insistiu nas súas críticas “que non se preocupe o Señor Balseiro, xa que cando Gonzalo Caballero sexa o vindeiro Presidente da Xunta traerá as mans cheas de realidades e compromisos para todos os lucenses”, resumiu.
E ademais lembrou que “cando os socialistas gobernamos esta provincia sae gañando. Por exemplo aprobouse no Consello de Ministros as autorizacións da licitación da liña Ourense-Monforte, isto é o verdadeiro compromiso que hai que ter coa provincia de Lugo e non a palabrareria á que xa nos ten acostumados o Delegado da Xunta”, remarcou Otero.