O PSOE laméntase de que Rueda non fixera ningún traballo para apoiar o hidroduto
Nicolás Fernández Casares lembra o compromiso asinado entre Enagás e Reganosa para construír o hidroduto e acusa ao presidente da Xunta de “intentar tapar a súa propia incompetencia”.
O eurodeputado galego do PSdeG, Nicolás Fernández Casares, acusou ao presidente da Xunta de “tapar a incompetencia da Xunta durante estes últimos anos”. Criticou que o presidente galego non fixo “ningún traballo nas institucións europeas” para que o hidroduto Guitiriz – Zamora fora apoiado pola Comisión Europea e deixou a Galicia sen desenvolvemento renovable.
Acusou a Rueda de “tapar a súa incompetencia” logo das súas críticas ao mapa enerxético da Comisión Europea, unha decisión que é “puramente europea e baseada nun Regulamento Europeo” no que o goberno de España non ten “nada que ver”.
O responsable socialista replicou que o presidente da Xunta “mesmo sabe que o hidroduto Guitiriz – Zamora vai ser construído por Enagás” en base ao compromiso asinado con Reganosa, como lembrou onte mesmo o conselleiro delegado da primeira, Arturo Gonzalo Aizpiri.
Lamentou que Rueda “non se decata absolutamente de nada do que pasa en Bruxelas, non ten capacidade de negociación” e renunciou a facer ningunha xestión para que a Comisión Europea apoiara o hidroduto. Advertiu que “non ten ningún poder, ningunha influenza e vemos como anda desorientado en tódalas decisións europeas”, onde o único que atopa son “portadas na faciana” como o que lle deu Von der Leyen.
Conexión co Norte de Portugal
Acusou ao presidente da Xunta de omitir deliberadamente que a Comisión Europea apoia a interconexión eléctrica do Norte de Portugal con Galicia, que será “moi beneficiosa para a produción de hidróxeno verde. Esta permitirá unha “gran interconexión” entre dúas rexións produtoras de renovables e que derivará nun “alto mix renovable que proporcionará seguridade aos produtores de hidróxeno”.
Uns produtores que polo demais teñen que loitar contra o desinterese do goberno galego, que “pon atrancos e non é quen de sacar adiante” os proxectos. Lembrou que a lista presentada pola Comisión Europea inclúe proxectos para electrolizadores -que transforman a auga en hidróxeno-, dos que queda excluída Galicia “porque a Xunta non é quen de maduralos nin de garantir a subministración de fontes renovables”.