O PSOE pide á Xunta flexibilidade nas transferencias das explotacións
O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamoulle á Xunta “unha posición política forte e constante” para flexibilizar a fiscalidade aplicada pola Axencia Tributaria ás transferencias de explotacións agrarias. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión para pedirlle á Xunta que “tire do seu goberno amigo” e resolva esta situación.
O responsable socialista sinalou hoxe que acenda considera como ganancia a cesión de dereitos entre cónxuxes ou familiares, aplicando unha fiscalidade sobre un suposto beneficio que en realidade non existe por canto se trata “dunha remuda xeracional ou cambio de titularidade dentro da mesma explotación por xubilación”.
Quiroga reclamoulle ao goberno galego que “non cedan neste aspecto” para conseguir “abrandar uns argumentos aparentemente irredutibles da Axencia Tributaria” e “posicións estritamente estatísticas da Axencia Tributaria” que afectan a un “elemento fundamental para o entramado rural que vemos como decae e necesita desesperadamente de todo tipo de axuda do goberno galego”.
Criticou o “camiño encetado pola conselleira de trasladar boas intencións que agardamos que frutifiquen” pero que carecen de medidas concretas para resolver esta situación. Reclamou “unha defensa máis activa e potente do sector para centrarse no modelo de produtores e deixando o dos propietarios que non beneficia ás explotacións agrogandeiras galegas”.