O PSOE quere saber se o retraso da apertura da Hemodinámica no Hula afectou a vida dalgún veciño
O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, destacou que “parece ser que o ultimátun claro e irrenunciable que dende o Partido Socialista fixemos ao Partido Popular para coñecer a realidade do que está a suceder coa saúde dos nosos veciños pola decisión ou o capricho do PP de non dotar ao HULA de Hemodinámica as 24 horas, cando menos polo de agora e dende hai 7 anos, e, probablemente, ata a proximidade dunha cita electoral, como nos teñen acostumados, burlándose de todos nós e xogando coa nosas vidas; xurdiu algún efecto. Pois vemos como agora de repente van a ampliar o horario deste servizo ata as 10 da noite”.
“Pero este non é o noso obxectivo. Queda un terzo para que o PP nos considere cidadáns de primeira no caso de hemodinámica, posto que un terzo de calquera dos veciños desta provincia que suframos un infarto poderemos ser traslados á Coruña para ser atendidos. Os lucenses reclamamos, porque así o necesitamos, que este servizo funcione as 24 horas dos 7 días da semana. Queremos ser atendidos na nosa provincia con todas as garantías e co mellor servizo, con independencia de cando poidamos sufrir un infarto, un feito incontrolable”, subliñou.
“Dende o PSOE non imos dar cara atrás. Imos a facer que o PP publique todos os datos do Rexistro Galego de Infarto que agocha. Temos dereito a coñecer a diferenza entre a taxa de mortalidade e morbilidade entre os veciños que son atendidos en Lugo e dos que o fan na Coruña. Os lucenses queremos saber, e dende o PSOE nos imos a encargar de que así sexa, se a decisión ou o capricho do PP de retrasar, cando menos 7 anos, o funcionamento de hemodinámica as 24 horas costou ou condicionou a vida dalgún veciño. Nese caso, deberán depurarse responsabilidades”.
“Estamos convencidos de que, desgraciadamente, isto foi así porque, en caso contrario, o PP tería amosado os datos do Rexistro Galego de Infarto nos que se ampara para non ter implantado Hemodinámica 24 horas e agocha. O que agocha o PP é o seu maltrato aos lucenses, que as súas decisións políticas tiveron consecuencias na nosa saúde”.
“Dende o Partido Socialista imos a seguir traballando e pelexando por Hemodinámica as 24 horas dos 365 días do ano porque somos cidadáns de primeira. E imos a conseguilo como xa logramos, co amplísimo respaldo dos nosos veciños, ter primeiro Hemodinámica, aínda que en horario de oficina, e agora, parece, que ampliar o seu servizo ata as 10 da noite”.