O PSOE reclama á Xunta protocolos covid nas explotacións

TerraChaXa
O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Marín Seco, reclamoulle á Xunta que redacte un protocolo de actuacións para “dar solucións efectivas aos casos de aparición de coronavirus nas explotacións agrícolas e gandeiras”.
16 sep 2020

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Marín Seco, reclamoulle á Xunta que redacte un protocolo de actuacións para “dar solucións efectivas aos casos de aparición de coronavirus nas explotacións agrícolas e gandeiras”. O responsable socialista alerta de que “a desatención do goberno galego está a provocar unha perigosa indefensión nun sector estratéxico para Galicia”.

O responsable socialista sinala que “a falla dun protocolo pon en risco o principal motor da economía do medio rural, a produción de alimentos, o benestar animal e a protección do noso entorno”. Subliña o carácter deste sector, que nas fases de maior nivel de confinamento se mantivo en activo “provendo de alimentos seguros ao conxunto da poboación”, o que non o blinda no caso de ter que proceder ao illamento do titular ou traballadores das explotacións.

Advertiu que as recomendacións e medidas preventivas fronte á covid – 19, publicadas o pasado 20 de marzo pola Consellería do Medio Rural, manteñen un perigoso baleiro no caso de ter que illar aos responsables das explotacións por síntomas do coronavirus sen diagnóstico confirmado, por diagnóstico confirmado ou coa necesidade de realizar unha corentena de 14 días no domicilio.

0.1612720489502