O PSOE reclama o amaño da estrada de Cabreiros a Momán

TerraChaXa
A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama arranxar de forma urxente a estrada LU-170 entre Cabreiros e Momán, co fin que sexa segura para os seus usuarios e permita o acceso de vehículos especiais ao polígono industrial de Xermade.
psoe estrada xermade cabreiros
5 sep 2020

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama arranxar de forma urxente a estrada LU-170 entre Cabreiros e Momán, co fin que sexa segura para os seus usuarios e permita o acceso de vehículos especiais ao polígono industrial de Xermade.

A Secretaria Provincial fixo este anuncio acompañada do Alcalde de Xermade, Roberto García, así como coa rexedora de Guitiriz, Marisol Morandeira; o tenente de Alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, o tenente de Alcalde de Muras, Mario Rouco, o deputado autonómico, Luis Álvarez e os concelleiros de Xermade, José Prieto e Nélida Coira.

A voceira de Infraestructuras que comprobou en Xermade a situación deste vial, onde lembrou que tanto a veciñanza desta Comarca que se manifestou publicamente, así como os grupos políticos e a Federación Provincial de Asociacións de Veciños “levan anos solicitando á Xunta de Galicia que arranxe a estrada LU-170 no seu tramo Cabreiros-Momán, xa que tal como se pode constatar atopase nun estado deplorable e perigoso cun firme deteriorado, curvas de difícil trazado e un ancho deficiente”, lamentou.

Así as cousas, a Deputada Autonómica reclama a través destas propostas parlamentarias “arranxar este tramo, porque ademais de perigoso ten paralizado o polígono industrial da localidade xa que os transportes especiais non poden acceder a este espazo dificultando así o desenvolvemento económico do concello de Xermade”.

Otero replica que “apoiar ao rural precisa de investimentos que permitan desenvolver a súa economía, e neste caso o arranxo do tramo Cabreiros Momán sería un impulso ao tecido empresarial de Xermade, máis necesario agora se cabo pola crise producida pola Covid-19, ademais de beneficiar aos concellos do seu trazado. Neste senso precísase que a Provincia de Lugo estea ben comunicada entre si e tamén co resto de Galicia. Ademais este vial é a estrada que se emprega para acceder á provincia da Coruña, xa que de Momán sae unha estrada que enlaza coas Pontes”.

Promesas de Feijóo de 2011 e 2015 incumpridas
A secretaria provincial advirte que “Núñez Feijóo xa se comprometera a realizar estas obras no 2011, incluso foi publicado un proxecto no DOG que contemplaba actuacións como a; mellora de interseccións existentes por medio de cuñas de cambio de velocidade; reforzo do firme; definición novos cambios de sentido, ou a construción dunha nova glorieta que permite modificar a intersección entre LU-170 coa LU-2205 a Miraz, e a LU-2213 co parque empresarial de Xermade. Pero todo isto quedou plasmado nun papel, case 10 anos despois, nada de nada, solo fume”, espetou.

“Calquera veciño da provincia de Lugo poderá comprobar como todas estas actuacións quedaron nunha nova promesa incumprida de Feijóo, incluídas as melloras comprometidas neste tramo polo PP no 2015”, resumiu.

Roberto García remarcou “que como Alcalde de Xermade vou a seguir demandando todas as melloras que precise o noso Concello, e arranxar a LU-170 é unha prioridade esencial para conectar con máis seguridade e con máis proxección de futuro a nosa vila. Ademais é un vial que poderían utilizar 200.000 usuarios a través deste tramo, para conectarse coa area de Santiago. Merecemos unhas vias de comunicación seguras, axeitadas e dignas. A pasada lexislatura Feijóo anunciou a bombo e platillo que ía ser a lexisltarura do rural, pero en Xermade podemos comprobar que foi a lexislatura do abandono do rural”, concluíu.

0.1622908115387