O PSOE vilalbés acusa ao PP de mentir e aclara que os arranxos do pavillón foron polo temporal

TerraChaXa
Nestes últimos días levantouse outra parte da cuberta, unha zona diferente á renovada o ano pasado, provocando goteiras
obras-reparacion-cuberta-pavillon-vilalba
4 Feb 2026

Os socialistas de Vilalba lamentan que o Partido Popular recorra “unha vez máis á mentira” para falar da cuberta do pavillón municipal.

Como xa explicou en reiteradas ocasións, o Concello de Vilalba cambiou o ano pasado “parte da cuberta” con cargo a unha axuda autonómica.

Nestes últimos días e debido aos efectos do temporal, levantouse outra parte da cuberta, unha zona diferente á renovada o ano pasado, provocando goteiras.

O PSOE destaca que “en canto o tempo o permitiu, realizáronse xa as tarefas de reparación deste último problema”, lamentando as consecuencias que tivo sobre a actividade deportiva nas instalacións.

Os socialistas critican “a desinformación” e consideran “surrealista” que sexa o PP local quen denuncie o mal estado do pavillón municipal, “xa que falamos de problemas estruturais nas instalacións que derivan da súa mala xestión cando estaban no goberno local”.

⚙ Configurar cookies
0.079249858856201