O público encheu o Cine Teatro de Ribadeo para desfrutar da Gala do Entroido
TerraChaXa | AMariñaXa
4 Mar 2019
O público encheu o Cine Teatro, en Ribadeo, para gozar da Gala do Entroido. Ti de quen ves sendo? foi o título escollido para o espectáculo, que conducido por Susana Álvarez, tivo á música como protagonista e contou coas actuacións de A Tuna, Salomé, Alaska e Mario, Supremas de Móstoles, Azúcar Moreno, Mocedades e a Supervedette das Barreiras.
Antes unha carroza acompañada da Tuna e dun grupo da Escola Municipal de Música de Ribadeo percorreron as rúas de Ribadeo animando á xente a acudir a Gala.
O domingo, pola mañá tivo lugar a saída da comparsa do cocho, que percorreu as rúas de Ribadeo acompañada polo cuarteto tradicional Illa Pancha. Xa pola tarde houbo o tradicional baile infantil de disfraces na discoteca Rosa Lar.