O punto de atención á infancia e a axuda no fogar destacan entre os servizos sociais da Pontenova

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
19 Nov 2019

Un dos servizos que máis auxe ten experimentado este ano na Pontenova é o Punto de Atención á Infancia, PAI, unha especie de gardería municipal con preto de oito anos de funcionamento, con 20 prazas, ocupadas neste momento por 15 bebés de ata tres anos.

A concelleira de servizos sociais, Isabel Couto, recoñece que houbo anos que o PAI apenas tivo nenos, chegou a haber apenas tres cativos pero dun tempo acó a cifra aumentou significativamente.

Houbera tempo atrás pais do municipio asturiano de Taramundi que traían a este PAI os seus fillos e agora seguen tendo colaboración cos asturianos posto que hai un neno de San Tirso.

O centro abre todo o día, de 9 da mañá ás 17 horas permitindo aos pais conciliar a vida laboral coa familiar mentres desenvolven os seus traballos. O prezo axústase as rentas de cada usuario.

AXUDA A DOMICILIO. Polo que respecta á axuda á domicilio, que é outro dos principais servizos que xestiona o departamento que dirixe Isabel Couto, son 80 os usuarios aos que atenden entre 20 e 22 empregadas.

Como curiosidade, na Pontenova hai 89 persoas que naceron entre 1925 e 1930, é dicir, que son octoxenarios ou nonaxenarios. É máis, hai dou veciños que acadaron os cen anos, xusto nestas cumpriu 105 anos outra persoa da localidade, os memos que ten outra persoa de Vilaoudrid, lugar onde vive outra de 102. Iso si, é certo tamén que o padrón de habitantes experimentou un descenso.

0.075849056243896