'O que arde' de Oliver Laxe poderase ver en Vilalba o 15
TerraChaXa
O venres 15 de novembro de 2019, ás 21.
5 Nov 2019
O venres 15 de novembro de 2019, ás 21.00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película O que arde do director Oliver Laxe.
“Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.”