O queixo de Crisanto, distinguido un ano máis como o mellor de España
O queso de San Simón da queixería vilalbesa Crisante obtivo un ano máis o premio especial ao mellor queixo de España na XXX edición dos Premios Alimentos de España, que organiza o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O queixo de Crisanto repite título, xa que tamén foi o gañador no certame de 2017.
A queixería Don Crisanto tamén gañou o galrdón ao mellor queixo madurado de vaca. Esta distinción conseguiuna no mes de maio xunto a outros catro en diferentes categorías. Este queixo foi o único galego distinguido entre os mellores de España xa que o resto dos premiados foron queixerías de Cádiz (dñuas), León e Navarra.
O queixo da queixería Creistanto está afeito aos premios. É a sétima vez que resulta gañador nesta categoría. É un queixo que, amparado pola DOP galega San Simón da Costa, está elaborado con leite pasteurizada enteira de vaca e ten unha curación mínima de 45 días. É un semicurado con sabor suave, de pasta prensada e afumado con madeira de abedul. A queixería é unha pequena empresa familiar que explota as súas propias vacas e traballa o leite de forma artesanal.