O Racing Club Villalbés celebrará a súa Asemblea Xeral Ordinaria

TerraChaXa
A orde do día inclúe a presentación dos balances deportivo e económico da tempada 2023/2024
rc-vilalbes
26 Dec 2024

O Rácing Club Vilalbés convoca a todos os seus socios á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar este venres 27 de decembro no salón de actos do Centro Sociocomunitario de Vilalba. A sesión comezará ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria.

A orde do día inclúe a lectura e aprobación da acta anterior, a presentación dos balances deportivo e económico da tempada 2023/2024, a proposta e aprobación do orzamento para a tempada 2024/2025, as propostas da Xunta Directiva e unha quenda de rogos e preguntas.

O presidente do club, Juan José Vázquez Carreira, anima a todos os socios a participar neste importante encontro anual para definir o futuro da entidade.

0.16332197189331