O Racing Vilalbés pasa á seguinte rolda no ascenso a Segunda B
O Racing Vilalbés reescribiu a súa historia en Pulpí, xa que gañou na tanda de penalitis ao Atletico Pulpileño. O partido estivo moi igualado ata que Perico, do Pulpileño, foi expulsado e deixou ao Racing cun xogador máis durante a prorroga, aínda que non puideron aproveitar esa vantaxe. Cando o arbitro pitou o final, chegou a hora da tanda de penaltis, nos que os chairegos anotaron 4 con goles de Álex Pérez, José Varela, Pablo Vivero e Villares, fronte a os dous goles do Pulpileño.
Con este resultado o Vilalbés pasa de ronda e xa conta cunha nova páxina na súa historia, xa que non habían chegado nunca á segunda rolda de promoción de Segunda B. Varias decenas de aficionados chairegos desplazáronse ata Pulpí, nunha viaxe organizada para animar ao seu equipo.