O Rácing Villalbés xogará a final nacional polo ascenso a Segunda Federación
O Racing Club Villalbés segue facendo historia e será o representante galego na final nacional polo ascenso a Segunda Federación. O conxunto que dirixe Simón Lamas eliminou ao Arosa SC este sábado grazas aos tantos de Pablo Rey e de Jose Varela (1-2).
Con esta vitoria, o conxunto lucense xogarase o ascenso á Segunda Federación, xa que no partido de ida da final, celebrado na casa, o equipo vilalbés non puido pasar do empate pero no último duelo venceu por un gol.
Foi o Vilalbés o que abriu o marcador aos tres minutos de xogo e así se mantería ata que no ecuador da segunda metade o Arosa logrou o empate, que se desfixo dez minutos despois sen que o Arosa lograse romper a superioridade vilalbesa.
Xa na quenda de semifinais, o Vilalbés caeu no primeiro partido ante o Rápido de Bouzas pola mínima, tamén na casa, pero venceu 0-2 a domicilio.
O sorteo será este luns na sede da RFEF e o Rácing Club Villalbés coñecerá ao seu rival na última batalla polo ascenso.